Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Baseado en feitos que puideron ter acontecido

10/09/2007 GMT 1

Estrea da curtametraxe AUGA

baseado @ 13:05

"Auga" a Curtametraxe dirixida por Ozo o pasado inverno, ten por fin data de estrea: será no TEATRO PRINCIPAL de Santiago de Compostela o vindeiro VENRES 14 de setembro, ás 10 da noite.

Haberá un viño e un pincho despois da proxección, e para as primeiras 200 persoas en chegar, unha copia en Dvd do filme.
Aproveitando a ocasión, despediremos a andaina da anterior curta do director, e que dá nome a este blog: Baseado en feitos... que puideron ter acontecido.
Neste meses de silencio nesta bitácora, Baseado foi à mostra de Curtametraxes "Redondela en Curto", no mes de abril, e ás xornadas de cine e video do Carballiño (Xociviga 2007), no mes de agosto.

E con esta nova, pechamos a andaina deste blog. Só engadiremos un "post" máis, no que daremos conta do novo blog para a curtametraxe AUGA.

08/12/2006 GMT 1

"AUGA", Nova Curtametraxe

baseado @ 13:47

De novo o director e boa parte do equipo de "Baseado..." puxéronse mans á obra para gravar outra curtametraxe.

Esta nova peza leva o título de AUGA, e contou cunha axuda á produción da Consellería de Cultura da Xunta de Galiza. Gravouse as noites do 24 e o 25 de novembro de 2006 no Porto de Sada (A Coruña).

Desta volta o director, Ozo, deixa o xénero da acción para se adentrar no do terror, cunha historia claustrofóbica de tintes sobrenaturais. Nela repite como protagonista o actor lugués Marcos PTT Carballido, acompañado polo coruñés David Lendoiro. Tamén repiten a meirande parte de integrantes do equipo técnico que fixo "Baseado...", como Jorge Eiroa no departamento de Produción, Lorena Vilas no de Dirección ou Fanny Bello como Maquilladora, entre outros.

A montaxe, a cargo de Joserra Lorenzo (LaEsponja) está rematada, e o músico Manu Riveiro está a compor a banda sonora. O equipo de Carlos Mourinho (O Son do Tagalem) ultima pola súa banda a post-produción de audio.

A estrea pública de "AUGA" terá lugar a comezos de 2007, e despois desa data poderemos ver a curtametraxe en Internet.

Seguiremos informando.

Podes ver fotos da rodaxe en "As Miñas Imaxes"

22/10/2006 GMT 1

Premio no Certame de Vilagarcía

baseado @ 21:05

Gala Vilagarcía

Xa temos un premio!

O Certame Audiovisual Liceo-Casino de Vilagarcía, no que participabamos a concurso, galardoou a nosa curta co Premio Galicia (mellor curta galega do certame).

A gala de entrega de premios tivo lugar no Auditorio vilagarcián o pasado venres 20 de outubro. Presentada polo actor Carlos Blanco e amenizada polo grupo Mr. Dixie.

Desde aqui queremos agradecer à organización por selecionar a nosa película e ao xurado polo premio, asi como dar a noraboa ao resto de vencedores das distintas categorías. Fainos moita ilusión recibir un galardón no primeiro festival no que partcipabamos a concurso. Agardamos poder seguir dando boas novas coma esta!.

13/10/2006 GMT 1

Festival Internacional de Cine Independente de Ourense

baseado @ 21:37

Ainda non se proxectou en Vilagarcía e xa sabemos que a curta está selecionada tamén para o Festival de Cinema de Ourense, que este ano celebra a sua XI edición.

Entre o 4 e o 11 de novembro, as salas de cinema ourensás proxectarán as fitas que compiten (10 longametraxes, 60 curtas e 10 documentais) ademais de varios ciclos e proxecións fora de concurso.

A copia en 35mm de Baseado en feitos... será proxectada o luns dia 6 ás 17 e ás 23 horas e o martes 7 ás 20 horas. Ainda non sabemos en que sala se poderá ver, pero en canto teñamos esa información editaremos este post incluíndoa.

 

ACTUALIZACIÓN:

LUNS 6, 17H: DUPLEX 1; 23H: CINEBOX 8

MARTES 7, 20H: DUPLEX 1 

11/10/2006 GMT 1

O Reparto

baseado @ 18:48

A curta "Baseado en feitos que puideron ter acontecido" contou cun reparto de seis actores e actrices. Tentouse misturar distintas xeracións da interpretación en Galiza, mesturando carreiras de sobra consolidadas e caras coñecidas polo público con novas promesas. Neste post tentamos compilar na rede as páxinas que nos falan das suas traxectorias.

Marcos PTT Carballido, na páxina do Consello da Cultura


Santi Prego ten unha web adicada ao seu curriculo.

Rosa Álvarez como integrante da AADTEG (Asociación de Directores e Técnicos de Escena de Galicia)

Marcos Orsi tamén no Consello da Cultura.

X.A Coucheiro entrevistado na Voz de Galicia.

Natalia Outeiro é a única da que non atopamos webs adicadas a ela. Conta cunha grande experiencia en teatro e cabaré, e "Baseado..." foi un dos seus primeiros traballos para a cámara. estamos seguros de que en pouco tempo a súa sona chegará a Google.

Certame Audiovisual Liceo Casino de Vilagarcía

baseado @ 11:29

Comunícannos que "Baseado..." foi selecionada para o Certame Audiovisual Liceo Casino de Vilagarcía (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra).

É unha das 38 curtas selecionadas entre as 372 que se presentaron a concurso. O Certame ten lugar do 6 de outubro ao 11 de novembro, contando con diversas actividades como actuacións, obradoiros, concertos e por suposto proxecións das curtas selecionadas e outras obras como o documental "Pensando en soidade" de Marcos Nine e longas como "Fellini 8 1/2" de Fellini ou "Vivir rodando" de DiCilio.

A competencia é dura, xa que compiten curtas nacionais e internacionais como "Avatar" ou "El angel de Dorotea". Existe o premio ao mellor traballo galego, no que participa a multipremiada fita "Te quiero mal", unha das curtametraxes galegas con mais extenso palmarés en festivais de todo o mundo.

A nosa curta exibiráse o sábado 14 na "Curtamaratón" (de 19.30 h. en adiante) e o martes 17 a partires das 19 h. Será unha proxeción en video, como todas as deste veterano certame.

Grazas à organización do festival por nos acoller.

Mais información sobre a mostra en:

A peli do día e Vieiros.

 

A Ficha

baseado @ 10:50

Toda película ten unha Ficha Técnica. Esta é a nosa:

Título:“BASEADO EN FEITOS… QUE PUIDERON TER ACONTECIDO”

– 35 mm
– Cor
– Formato 1:1.66

– Duración: 12’39’’
– V.O: Galego

Guión e direción: Ozo

Produce: Compostela Visión SL

Intérpretes:
Santi Prego, Marcos “Ptt” Carballido, Rosa Álvarez, Marcos Orsi, X.A Coucheiro e Natalia Outeiro

Equipo Técnico:
Fotografía: Ricky Morgade
Decoración: Ana Sánchez
Son: Miguel Seixo

Montaxe: Jorge Coira
Música: Amnémesis Vibes- Miky Nervio & the Bluesmakers

Data de Rodaxe: Novembro 2003
Final de post-produción: 2005

Misturas de son: O Son do Tagalem

Material iluminación: Sadilsa Galicia 

Laboratorio: Image Film, Barcelona. 

Negativo: Kodak 500T 5279 

10/10/2006 GMT 1

Primeiros pasos por Festivais

baseado @ 20:00

A primeira proxeción que se fixo da curta tivo lugar en Chantada, dentro da XIII SEMANA DO CINEMA DE CHANTADA 2006. Desgrazadamente non fumos avisados a tempo pola persoa que recibiu a nova por parte do festival e os membros do equipo non puidemos asistir. Foi entre os días 15 e 18 de agosto e proxectou-se a copia original en cine (35mm).

A segunda proxeción "oficial" de "Baseado..." tivo lugar o pasado mes de setembro dentro de CurtoCircuito na Rúa. Trátase do anticipo do Festival CurtoCircuito, que cada outubro se celebra no Teatro Principal de Santiago de Compostela. As curtas tomaron as prazas da cidade durante todos os xoves do verán, dotando a cada xornada dunha temática diferente.

A nosa curtametraxe exibiuse o 14 de setembro na noite adicada ás curtas galegas. O lugar previsto era o Parque de Belvís, mais a chuvia fixo que se traslada-se ao Mercado de pedra da zona vella (abastos).

Se recalcamos a "oficialidade" destas proxecións é debido a que, de casualidade, descubrimos hai pouco o anuncio da emisión da curta no Cine Clube de Pontevedra en... Febreiro de 2006!

Ignoramos como souberon neste cineclube da existencia da curta e como conseguiron a copia (se realmente se proxectou), xa que ninguén no-lo comunicou. Se sabes algo do tema, axúdanos a resolver o misterio.

Escaneado tirado de ModestoWeb.

O Equipo

baseado @ 19:23

O primeiro que queremos facer é agradecer ao equipo técnico e artístico o traballo e a profisionalidade que aportaron. Sen ese esforzo esta película nunca tería visto a luz.

 

Intérpretes

 

Marcos PTT

Santi Prego

Rosa Álvarez

Marcos Orsi

X.A Coucheiro Cou

Natalia Outeiro Pajarito

Equipo Técnico

microfonista: CARLOS MOURINHO

son: MIGUEL SEIXO

atrecistas de montaxe: XANDRA COSTAS, JORGE G. PÉREZ, MARIAJO SAMPEDRO, ANA VALEBONA

construción: JUAN MENA

atrecistas de rodaxe: JULIÁN ESTEBAN, Francisco Arnoso PIXI

rexedor: SAMUEL MÉNDEZ

dirección artística: ANA SÁNCHEZ

axudante de vestiario: PATRI CONSTENLA

xefa de vestiario: CRISTINA TORVISO

efectos especiais: JUAN MENA

maquillaxe e perruquería: FANNY BELLO, TRINI FDEZ. SILVA, CAROL VARELA

axudante de montaxe: CRISTINA ALFAYA

edición: JORGE COIRA

reforzo produción: ANTÍA LEÓN

auxiliares produción: ADRIÁN QUIÑOY, ANA MARIÑO

axudante produción: XAVIER GARCÍA

eléctricos: ANTÓN ARIAS, VICTOR MAÑANA, MON

eléctrico xefe: ROBERTO QUINTEIRO

maquinista: SERGIO ABAD

foto fixa: TACHO JIMÉNEZ

making off: LUÍS AVILÉS

asistente de video: J.A. PICO ROUCO

auxiliar de cámara: RAQUEL CASTRO

axudante de cámara: MÓNICA YANES

director de fotografía: RICKY MORGADE

xefe/a de producción: JORGE EIROA, NURIA R. LAGO

directora de producción: LLERENA PEROZO

produtor delegado: VITORIANO SIERRA

produtor executivo: JAVIER OTERO

auxiliar direción: ANDREA IZQUIERDO

2ª axudante direción: LORENA VILAS

script: ALEX SAMPAYO

1º axudante direción: F. BARRY

guión e direción: OZO

Un Blog para unha Curtametraxe

baseado @ 18:28

Este é un blog con data de caducidade. Créase coincidindo coa presentación pública da Curtametraxe Baseado en feitos... Que puideron ter acontecido, e morrerá cando esta deixe de proxectarse e xerar novas.

Así de sinxelo. Nos sucesivos posts iremos contando cousas relacionadas coa curtametraxe (equipo, rodaxe, historia, etc) e informando do seu paso polos diferentes festivais que teñan a ben incluilo nas súas programacións.

E para inaugurar esta bitácora, nada mellor que ver a propia película, via GoogleVideo.

Benvidos e benvidas. Agardamos que disfruten.

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis