Estrea da curtametraxe AUGA
"Auga" a Curtametraxe dirixida por Ozo o pasado inverno, ten por fin data de estrea: será no TEATRO PRINCIPAL de Santiago de Compostela o vindeiro VENRES 14 de setembro, ás 10 da noite.
Haberá un viño e un pincho despois da proxección, e para as primeiras 200 persoas en chegar, unha copia en Dvd do filme.
Aproveitando a ocasión, despediremos a andaina da anterior curta do director, e que dá nome a este blog: Baseado en feitos... que puideron ter acontecido.
Neste meses de silencio nesta bitácora, Baseado foi à mostra de Curtametraxes "Redondela en Curto", no mes de abril, e ás xornadas de cine e video do Carballiño (Xociviga 2007), no mes de agosto.
E con esta nova, pechamos a andaina deste blog. Só engadiremos un "post" máis, no que ofreceremos a curtametraxe AUGA.

Chúzao
del.icio.us