Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Baseado en feitos que puideron ter acontecido

Categoría: Festivais

22/10/2006 GMT 1

Premio no Certame de Vilagarcía

baseado @ 21:05

Gala Vilagarcía

Xa temos un premio!

O Certame Audiovisual Liceo-Casino de Vilagarcía, no que participabamos a concurso, galardoou a nosa curta co Premio Galicia (mellor curta galega do certame).

A gala de entrega de premios tivo lugar no Auditorio vilagarcián o pasado venres 20 de outubro. Presentada polo actor Carlos Blanco e amenizada polo grupo Mr. Dixie.

Desde aqui queremos agradecer à organización por selecionar a nosa película e ao xurado polo premio, asi como dar a noraboa ao resto de vencedores das distintas categorías. Fainos moita ilusión recibir un galardón no primeiro festival no que partcipabamos a concurso. Agardamos poder seguir dando boas novas coma esta!.

13/10/2006 GMT 1

Festival Internacional de Cine Independente de Ourense

baseado @ 21:37

Ainda non se proxectou en Vilagarcía e xa sabemos que a curta está selecionada tamén para o Festival de Cinema de Ourense, que este ano celebra a sua XI edición.

Entre o 4 e o 11 de novembro, as salas de cinema ourensás proxectarán as fitas que compiten (10 longametraxes, 60 curtas e 10 documentais) ademais de varios ciclos e proxecións fora de concurso.

A copia en 35mm de Baseado en feitos... será proxectada o luns dia 6 ás 17 e ás 23 horas e o martes 7 ás 20 horas. Ainda non sabemos en que sala se poderá ver, pero en canto teñamos esa información editaremos este post incluíndoa.

 

ACTUALIZACIÓN:

LUNS 6, 17H: DUPLEX 1; 23H: CINEBOX 8

MARTES 7, 20H: DUPLEX 1 

11/10/2006 GMT 1

Certame Audiovisual Liceo Casino de Vilagarcía

baseado @ 11:29

Comunícannos que "Baseado..." foi selecionada para o Certame Audiovisual Liceo Casino de Vilagarcía (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra).

É unha das 38 curtas selecionadas entre as 372 que se presentaron a concurso. O Certame ten lugar do 6 de outubro ao 11 de novembro, contando con diversas actividades como actuacións, obradoiros, concertos e por suposto proxecións das curtas selecionadas e outras obras como o documental "Pensando en soidade" de Marcos Nine e longas como "Fellini 8 1/2" de Fellini ou "Vivir rodando" de DiCilio.

A competencia é dura, xa que compiten curtas nacionais e internacionais como "Avatar" ou "El angel de Dorotea". Existe o premio ao mellor traballo galego, no que participa a multipremiada fita "Te quiero mal", unha das curtametraxes galegas con mais extenso palmarés en festivais de todo o mundo.

A nosa curta exibiráse o sábado 14 na "Curtamaratón" (de 19.30 h. en adiante) e o martes 17 a partires das 19 h. Será unha proxeción en video, como todas as deste veterano certame.

Grazas à organización do festival por nos acoller.

Mais información sobre a mostra en:

A peli do día e Vieiros.

 

10/10/2006 GMT 1

Primeiros pasos por Festivais

baseado @ 20:00

A primeira proxeción que se fixo da curta tivo lugar en Chantada, dentro da XIII SEMANA DO CINEMA DE CHANTADA 2006. Desgrazadamente non fumos avisados a tempo pola persoa que recibiu a nova por parte do festival e os membros do equipo non puidemos asistir. Foi entre os días 15 e 18 de agosto e proxectou-se a copia original en cine (35mm).

A segunda proxeción "oficial" de "Baseado..." tivo lugar o pasado mes de setembro dentro de CurtoCircuito na Rúa. Trátase do anticipo do Festival CurtoCircuito, que cada outubro se celebra no Teatro Principal de Santiago de Compostela. As curtas tomaron as prazas da cidade durante todos os xoves do verán, dotando a cada xornada dunha temática diferente.

A nosa curtametraxe exibiuse o 14 de setembro na noite adicada ás curtas galegas. O lugar previsto era o Parque de Belvís, mais a chuvia fixo que se traslada-se ao Mercado de pedra da zona vella (abastos).

Se recalcamos a "oficialidade" destas proxecións é debido a que, de casualidade, descubrimos hai pouco o anuncio da emisión da curta no Cine Clube de Pontevedra en... Febreiro de 2006!

Ignoramos como souberon neste cineclube da existencia da curta e como conseguiron a copia (se realmente se proxectou), xa que ninguén no-lo comunicou. Se sabes algo do tema, axúdanos a resolver o misterio.

Escaneado tirado de ModestoWeb.

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis