"AUGA", Nova Curtametraxe
De novo o director e boa parte do equipo de "Baseado..." puxéronse mans á obra para gravar outra curtametraxe.
Esta nova peza leva o título de AUGA, e contou cunha axuda á produción da Consellería de Cultura da Xunta de Galiza. Gravouse as noites do 24 e o 25 de novembro de 2006 no Porto de Sada (A Coruña).
Desta volta o director, Ozo, deixa o xénero da acción para se adentrar no do terror, cunha historia claustrofóbica de tintes sobrenaturais. Nela repite como protagonista o actor lugués Marcos PTT Carballido, acompañado polo coruñés David Lendoiro. Tamén repiten a meirande parte de integrantes do equipo técnico que fixo "Baseado...", como Jorge Eiroa no departamento de Produción, Lorena Vilas no de Dirección ou Fanny Bello como Maquilladora, entre outros.
A montaxe, a cargo de Joserra Lorenzo (LaEsponja) está rematada, e o músico Manu Riveiro está a compor a banda sonora. O equipo de Carlos Mourinho (O Son do Tagalem) ultima pola súa banda a post-produción de audio.
A estrea pública de "AUGA" terá lugar a comezos de 2007, e despois desa data poderemos ver a curtametraxe en Internet.
Seguiremos informando.
Podes ver fotos da rodaxe en "As Miñas Imaxes"

Chúzao
del.icio.us