Premio no Certame de Vilagarcía
Xa temos un premio!
O Certame Audiovisual Liceo-Casino de Vilagarcía, no que participabamos a concurso, galardoou a nosa curta co Premio Galicia (mellor curta galega do certame).
A gala de entrega de premios tivo lugar no Auditorio vilagarcián o pasado venres 20 de outubro. Presentada polo actor Carlos Blanco e amenizada polo grupo Mr. Dixie.
Desde aqui queremos agradecer à organización por selecionar a nosa película e ao xurado polo premio, asi como dar a noraboa ao resto de vencedores das distintas categorías. Fainos moita ilusión recibir un galardón no primeiro festival no que partcipabamos a concurso. Agardamos poder seguir dando boas novas coma esta!.

Chúzao
del.icio.us
Noraboa, Ozo!! A curta ben o merece!!
Sen dúbida este é o primeiro de moitos outros! ;)
ifrit | 22-10-2006 - 23:20:41 GMT 1 #
Graças, ifrit!
ozo | 24-10-2006 - 16:52:05 GMT 1 #
A min tamén me gustou moito. Tremenda iluminación na secuencia da furgona (de puro cine negro). Noraboa polo premio. A cada cal o seu.
MulDR | 02-02-2007 - 20:53:24 GMT 1 #