Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Baseado en feitos que puideron ter acontecido

08/12/2006 GMT 1

"AUGA", Nova Curtametraxe

baseado @ 13:47

De novo o director e boa parte do equipo de "Baseado..." puxéronse mans á obra para gravar outra curtametraxe.

Esta nova peza leva o título de AUGA, e contou cunha axuda á produción da Consellería de Cultura da Xunta de Galiza. Gravouse as noites do 24 e o 25 de novembro de 2006 no Porto de Sada (A Coruña).

Desta volta o director, Ozo, deixa o xénero da acción para se adentrar no do terror, cunha historia claustrofóbica de tintes sobrenaturais. Nela repite como protagonista o actor lugués Marcos PTT Carballido, acompañado polo coruñés David Lendoiro. Tamén repiten a meirande parte de integrantes do equipo técnico que fixo "Baseado...", como Jorge Eiroa no departamento de Produción, Lorena Vilas no de Dirección ou Fanny Bello como Maquilladora, entre outros.

A montaxe, a cargo de Joserra Lorenzo (LaEsponja) está rematada, e o músico Manu Riveiro está a compor a banda sonora. O equipo de Carlos Mourinho (O Son do Tagalem) ultima pola súa banda a post-produción de audio.

A estrea pública de "AUGA" terá lugar a comezos de 2007, e despois desa data poderemos ver a curtametraxe en Internet.

Seguiremos informando.

Podes ver fotos da rodaxe en "As Miñas Imaxes"

Comentarios

Un Comentario »

  1. hola! a finalidade deste comentario é darvos a noraboa por esa curtametraxe e ademais pedirvos que se podedes que vos poñades en contacto comigo porque necesito algunha que outra informacion sobre o cine en galego. Moitas graza por adiantado! unha aperta!

    eva | 18-03-2007 - 16:52:02 GMT 1 #

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis